O Movemento Estudantil Universitario organiza unha charla na que se tratará o laicismo como centro do debate.
O acto terá lugar o mércores 26 de novembro no salón de graos ás 17:00.
No acto presentará o seu libro Francisco Delgado (Presidente de Europa Laica) “ Aprender sin dogmas”. Tamén intervirá Luis Valcarce ( coordinador de Esquerda Socialista Galega) ademáis de Francisco Hidalgo, (profesor na facultade de ciencia política).
É importante que se cree un clima de debate, por iso convidamos a todo o mundo a participar nesta charla-debate.

No hay comentarios:
Publicar un comentario