jueves, 27 de octubre de 2011

9 de novembro: folga na USC--- Paremos a Normativa de Permanencia


O Movemento Estudantil Universitario , IESGA, Comités, Liga Estudantil Galega, Agir, e o Sindicato de Estudantes convocan un paro xeral para o día 9 de novembro e unha Manifestación Unitaria.
Facemos un chamamento ao conxunto do estudantado da USC para que se implique co obxectivo de parar esta Normativa tan lesiva para os intereses do alumnado. Esta convocatoria encádrase nun proceso de mobilizacións que é previsible que teña maior percorrido.
A Normativa de Permanencia supón para o estudantado da USC unha grave agresión contra os seus dereitos. A desaparición da figura de Non Presentado, os atrancos para pedir bolsas de mobilidade, ter que ter superadas todas as materias para realizar o traballo de fin de grao, etc… non son máis que medidas destinadas a precarizar e elitizar o ensino universitario.
Esta normativa ímola parar coa forza de tod@s!!
Cando a inxustiza é Lei, a Rebelión é unha obriga!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario