martes, 11 de octubre de 2011

RUTA DE SENDEIRISMO EN OUTES

A asociación cultural “Aquelar” de Outes esta a organizar unha ruta de sendeirismo que terá lugar o vindeiro sábado día 15. A ruta elixida será a que vai dende Albán (Rates) ata o merendoiro do Monte Tremuzo e que durará aproximadamente unhas 4 horas. A saída esta programada para ás 10:00.

O obxectivo desta camiñata é promocionar as rutas de sendeirismo que ten o Concello e que estan sen explotar pola corporación municipal.

Tamén na reunión que tiñeron a pasada semana se acordou un acercamento a todas as asociacións do Concello co fin de realizar actividades comúns para así garantir o éxito. Unha delas será o magosto que esta pendente de programar.

Animamos a todo o mundo a que acuda a esta cita, e a pasar un día de lecer polo Concello de Outes.


ESTREAMOS LOGO:






No hay comentarios:

Publicar un comentario