Este venres día 9 teremos a presentación da nova asociación cultural "Aquelar" que terá o seu foco de acción no Concello de Outes, tentaremos que "Aquelar" sexa un instrumento de dinamismo cultural, deportivo e de ocio no noso concello. Traballando de cara a toda a mocidade.
O acto:
O acto terá lugar no antigo "Bar Baixo" na Serra de Outes a partir das 21:30. Habrá churrascada acompañada dunha música ambiental e para rematar unha FOLIADA con todos aqueles que desexen participar nela!! Animadevos e acudide e participade.
Adxunto o cartaz para a súa difusión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario