O vindeiro venres día 19 de agosto as mozas e mozos que formamos parte da asemblea do BNG en Outes decidimos crear Galiza Nova en Outes, antes de que nos constituíamos oficialmente faremos unha especie de presentación na cal intaremos buscar afiliados e xente a fin a nosa forma de facer política e de pensar. Facemos pois un chamamento a todo o mundo para que acuda a nosa presentación e nos apoie, empezamos e queremos facelo con forza!!
O acto consta das seguintes fases:
20:30 Na Casa da Cultura de Outes presentación dos membros que formaran parte de Galiza Nova. Nesta charla interverá Manolo Seijas que encabezará a asemblea local, e Xosé Ramón Riomao portavoz municipal do BNG.
21:30 Cea popular nos asadores do Paseo Fluvial: Sardiñada para os asistentes, con música.
Esperamos contar coa túa asistencia!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario