sábado, 6 de agosto de 2011

Mercado ecolóxico de Quilmas, 13 e 14 de agosto

Aquí vai o cartaz e como sempre adxunto a programación dos dous días.


Sábado 13 de Agosto

Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade dende as 10:00h ata a tardiña, con parada para o xantar.Nova degustación dos tomates e o mel de Carnota.Música animosa durante todo o día.Diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable.Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais.Posibilidade de facer o xantar na feira, xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, pizzas, e outros produtos caseiros....

Domingo 14 de Agosto

POLA MAÑÁ. Roteiro reivindicativo "POLA DEFENSA DA TERRA" no que se fará un percorrido pola  COSTA DE QUILMAS, salientando tódolos valores medioambientais, etnográficos e históricos a conservar.POLA TARDE. CINEFÓRUM-  "O mundo según Monsanto", documental que denuncia a influencia negativa sobre a saúde e sobre o medio ambiente dos alimentos transxénicos e herbicidas, así coma suscita á reflexión sobre o presente da agricultura e o futuro das sementes. O debate posterior será guiado por Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA.Dende a Cooperativa Raínha Lupa, convidámosvos asistir e partillar connosco estas xornadas. Esperámosvos.Saúde, sol e sementes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario