Moi boas a todos!!
Dende o Noia FS comenzamos unha nova campaña e con ella queremos achegar xente nova ao clube e afianzar os que xa temos. Queremos que todos aqueles que vindes ao municipal a disfrutar do noso equipo formades parte del QUEREMOS QUE TI TAMÉN SEXAS NOIA FÚTBOL SALA. Para iso necesitamos o teu gran de area. Non o dudes máis FAITE SOCIO DO NOIA FS.
¿Como me fago socio?
Na entrada do Polideportivo Municipal no día dos partidos.
Na rede: enviandonos un privado ao Noia FS no facebook ou se o prefires mediante correo electronico noiafutbolsala@hotmail.es. Facilitaremosche un método para efectuar o pago e envio do teu carné de socio.
¿ Que vantaxas ten ser socio?
A entrada a todos os partidos é gratuíta. Ademáis que o aporte economico é importantísimo para o soporte do clube.
¿ En que liga compite o Noia FS?
O Noia FS milita na Segunda División B do fútbol sala nacional. Este ano xogará Copa do Rei e Copa Xunta.
CARTEL:
VIDEO PROMOCIONAL

No hay comentarios:
Publicar un comentario