sábado, 20 de agosto de 2011

75 Aniversario do Asasiñato do Deputado Republicano Luis Barrena

O próximo Domingo, 21 de agosto, ás 12.30 da mañá, xunto ao monumento ás vítimas do franquismo en O Freixo-Outes, a ACC Terra de Outes organiza un acto de homenaxe ao Deputado republicano Luis Barrena no 75 aniversario do seu asesiñato.

Aínda que ata agora non confirmaron asistencia, cursouselle invitación para intervir no acto a Dª Marisol Barrena, filla do deputado asesiñado, D. Xoán Carlos Garrido, da Iniciativa Galega pola Memoria Histórica, D.Francisco Jorquera, deputado no Congreso en representación do BNG e D. José Bono, presidente do Congreso dos Deputados.

Dende Terra de Outes rogan a todas as persoas que poidan asistir que leven margaridas, hortensias, rosas ou calqueira outro tipo de frores para render homenaxe á memoria de todos os que sacrificaron a súa vida pola libertade.


CARTAZ DO EVENTO



No hay comentarios:

Publicar un comentario