Aquí vos queda a noticia que ven de públicar a Voz de Galicia na edición do Barbanza:
Disputará o Noia Fútbol sala por vez primeira na súa curta historia a Copa do Rei, así como tamén a Copa Xunta de Galicia, dúas competicións que discorrerán, aínda que polo sistema de eliminatorias, paralelamente á competición regular de Segunda División B.
Co fin de chegar en boa parte ao arranque das tres frontes, o colectivo de Moncho Vázquez comezará o traballo de pretemporada o 8 de agosto.
O equipo técnico xa ten practicamente perfilado todo o calendario de partidos amigables: o 24 de agosto, coincidindo coas festas de verán, o Noia medirase co Azkar de Lugo, e tres días mais tarde chegará ao municipal o Lobelle de Santiago. O 3 de setembro os barbanceses trasladaranse a Bueu (Pontevedra) para participar na presentación oficial do club local, de Terceira División.
Os dirixentes do Noia esperan organizar algún partido amigable máis para as dúas primeiras semanas da pretemporada, pero aínda non atoparon rivais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario