viernes, 15 de julio de 2011

FEIRA MEDIAVAL: PROGRAMACIÓN E TEMPO.

PROGRAMACIÓN

Programa 2011:
Venres 15 de Xullo, ás 17:30 horas terá lugar o Desfile Inaugural con todos os grupos polas rúas do mercado e o Desfile Infantil. Ás 20:00 horas, música medieval a cargo de Acribreira e ás 21:00 horas celebrarase o concerto de música medieval en Santa María a Nova. Ás 22:00 horas, terá lugar a actuación de Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta dei Firenze), música medieval a cargo de Acribreira e a continuación terá lugar a Cea Medieval no Claustro do Concello. Ás 01:00 horas, pasacalles coa comedia A Santa Compaña.

Sábado 16, ás 11:30 horas terá lugar a actuación do domador de serpes, O Indio, ás 12:30 horas, animación musical con Tuttis Catraputtis e ás 13:30 horas chegará a comitiva real e procederase á lectura da Carta Poboa. Pola tarde ás 18:00 horas, animación musical a cargo de Tuttis Catraputtis, ás 18:30 horas terá lugar a actuación do domador de serpes O Indio e ás 19:00 horas representarase a comedia O Rei Imparte Xustiza. Ás 20:00 horas, Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta dei Firenze) e desfile dos cabaleiros participantes no Torneo. Ás 21:00 horas celebrarase o Torneo Medieval, ás 23:00 horas terá lugar a Execución de Sentenzas e ás 00:00 horas, Acrovisión a cargo de Toniton.

Domingo 17, ás 11:30 horas, Música Medieval a cargo de Acribreira, ás 12:00 horas celebrarase o Torneo Medieval e a continuación representarase a comedia andante Os Gremios. Ás 12:15 horas, actuación do Domador de Serpes O Indio, ás 13:00 horas,Sbandieratoris (Sbandieratoris Citta dei Firenze) e ás 13:30 horas, Música Medieval con Acibreira. Ás 14:00 horas, animación musical a cargo de Tuttis Catraputtis e Acribreira . Pola tarde volverán actuar o domador de serpes e Tuttis Catraputtis animarán as rúas da vila. Ás 19:00 horas representarase a comedia andante A Invasión, ás 20:00 horas terá lugar o Desfile de Participantes no Torneo e ás 21:00 horas celebrarase o Torneo Medieval. Ás 23:30 horas finalizará a Feira coa celebración da comedia andante A Fogueira da Vitoria

O CARTAZ




O TEMPO

3 DÍAS DE FESTA EN NOIA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario