O vindeiro xoves día 26 de xaneiro a partir das 18:00 terá lugar, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, un acto no que participará o Portavoz Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich. Baixo o título "Teño unha pregunta para...", comezarase, deste xeito, unha serie de actividades baseadas no famoso programa de televisión onde os alumnos e alumnas poderán preguntar o que desexen e sen ningún tipo de cortapisa a diversos persoeiros do panorama político.
E ao final teremos uns pinchiños para amenizar un pouco a xornada, que coincide co final dos exames na facultade!! Esperamos vervos por alí.
Recordade que ainda quedan 5 plazas para " Tourilandia".
No hay comentarios:
Publicar un comentario