lunes, 23 de enero de 2012

VIDEO DO PROXECTO QUE SE DEFENDE DENDE O COLECTIVO ESCOLLEIRA


Deixovos aquí o seu perfil facebook: http://www.facebook.com/profile.php?id=100003342865944

A páxina web: www.portonoia.es





Teño unha pregunta para... Carlos Aymerich

O vindeiro xoves día 26 de xaneiro a partir das 18:00 terá lugar, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, un acto no que participará o Portavoz Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich. Baixo o título "Teño unha pregunta para...", comezarase, deste xeito, unha serie de actividades baseadas no famoso programa de televisión onde os alumnos e alumnas poderán preguntar o que desexen e sen ningún tipo de cortapisa a diversos persoeiros do panorama político.
E ao final teremos uns pinchiños para amenizar un pouco a xornada, que coincide co final dos exames na facultade!! Esperamos vervos por alí.
Recordade que ainda quedan 5 plazas para " Tourilandia".

miércoles, 18 de enero de 2012

Asistir de público ao Programa da TVG " Tourilandia"

O Movemento Estudantil Universitario esta a organizar unha saída, o martes 31 de xaneiro, ao Plató 1.000 para asistir como público ao programa de Xosé Touriñán «Tourilandia».


Sairemos nun autobús dende a Facultade de Ciencias Políticas sobre as 19:00 (a hora final concretárase mediante correo electrónico). Para reservar a praza pertinente debes cubrir o formulario que se encontra na parte superior da páxina www.movemento.eu/tourilandia , e se entras nas primeiras 55 reservas esperar o correo de confirmación.


Esta é unha actividade de carácter lúdico destinada a coñecermos un pouco máis o funcionamento das instalacións da televisión pública galega e a apoiar aos/ás humoristas do noso país. E por suposto, para pasar un bo rato! Reserva xa a túa praza.



jueves, 15 de diciembre de 2011

MARATÓN FÚTBOL SALA EN OUTES!! INSCRIBETE

Xa están as inscripción abertas para o maratón de fútbol sala que se disputará os días 6,7 e 8 de xaneiro no polideportivo municipal do Cruceiro de Roo, no concello de Outes.

O prezo da inscripción será de 50 euros por equipo,a ingresar en número de conta: 2080-0355-73-3000019781, que disputarán un mínimo de dous partidos na fase previa de grupos. Poderase efectuar a inscripción de forma electronica solicitando información no correo electronico: maratonoutes@gmail.com ou através da páxina web www.maratonoutes.es.tl. Se o prefiren o teléfono de contacto é o 616538589.

Os premios serán economicos, para o primeiro clasificado un premio de 450€ máis un trofeo e o segundo clasificado será de 250€
.
Non se trata dun maratón calquera, xa que os beneficios se destinarán a unha asociación do concello para realizar distintos actos culturais, deportivos ou de ocio.

Dende a organización queremos agradecer a todas as empresas do concello que contribuíron a realización de dito campionato.




lunes, 21 de noviembre de 2011

RESULTADOS ELECTORAIS XERAIS 2011 CORUÑA, GALIZA E NO ESTADO

CLICA NA IMAXE PARA AMPLIAR OS DATOS



1/4 FINAL COPA XUNTA DE GALICIA: NOIAFS-- CIDADE DE NARÓN



Mañá ás 20:45 cuartos de final da Copa Xunta de Galicia, Esta vez enfrontaremonos ao Cidade de Narón que milita na Segunda División B do fútbol Sala. Podemos facer historia na Copa Xunta e clasicarnos para a semifinal onde nos tocarían equipos da talla de Azkar ou Lobelle de Santiago. Necesitamos o teu apoio, recorda mañá MARTES, ás 20:45 VEN APOIAR AO TEU EQUIPO.